Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de xullo de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/94/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 18 de xuño de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/94/2014-RP1 polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar no lugar de Vilamaior, no termo municipal de Outeiro de Rei.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Álvaro Ónega Ares, en calidade de promotor e propietario dos terreos onde se levan a cabo as ditas obras, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística