Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/095-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/095-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT San Pedro de Visma.

Situación: concello da Coruña

Características técnicas:

Tramo de liña de media tensión soterrada SPV-707, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,058 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV 3×(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-707, no tramo entre a derivada ao CT Particular Chatarrería Mata e o CT Fernando Macías (expediente 7474), despois de realizar entrada e saída no CS Chatarrería Mata para instalar o solicitante da subministración.

Tramo de liña de media tensión soterrada SPV-709, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV 3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-709, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914) e o CT Manuel Mergía-Fte. Agra (expediente 38/99).

Tramo de liña de media tensión soterrada SPV-710, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV. 3×(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-710, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914) e o CT Comandante Barga (expediente 34070).

Tramo de liña de media tensión soterrada SPV-711, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV. 3×(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SPV-711, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914) e o CS Conservatorio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 11 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña