Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/092-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/092-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: cambio de sección LMTS EPU-407A.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión subterránea EPU-704A a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,531 km, coa orixe en cela de liña existente no CT General Alesón (expediente 27443), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240 mm2 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-704A, no tramo entre o CT Atocha Baixa, nº 22 e o CT P. Adormideras F. (expediente 34569), despois de realizar os empalmes coa LMTS que cose os CT Atocha Baixa, nº 2 (expediente 307/06), Varela Silvani, nº 4 (expediente 348/07) e Atocha Baixa nº 22.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 11 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña