Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2014/22-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Caldeliñas-Salgueiro.

Situación: Verín.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 158 m con condutor RHZ1 12/20 kV 3×150 Al e orixe no PAS (C-2000-14) existente da LMT VER 811 Laza 11 e remate no CT proxectado prefabricado rural Caldeliñas-Salgueiro de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aéreo-subterránea de 40 m en aéreo con condutor RZ e 1.227 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado.

Orzamento: 229.510,84 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 11 de xullo de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense