Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial para unha fábrica de queixo no concello de Vilalba, con titular Queserías Entrepinares, S.A.U. e clave de expediente 2014-IPPC-M-43.

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 157, do 2 de xullo), e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (Boletín Oficial del Estado núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico de solicitude de modificación substancial de autorización ambiental integrada».

– «Colector de desaugamento desde a empresa Queserías Entrepinares, S.A.U. al río Magdalena».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

(http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-M-43.

Peticionario: Queserías Entrepinares, S.A.U.

Domicilio social: r/ Vázquez de Menchaca, 9, parcela 137, Pol. Ind. Argales. Valladolid.

Localización da instalación: Polígono Industrial de Vilalba, ampliación segunda, parcela 56, Vilalba (Lugo).

Actividade: a instalación consta dunha nave principal na cal se desenvolve o proceso de fabricación da liña de queixo en barra de 4,2 kg (queixo havarti e queixo mestura), e a liña de queixo untable en terrinas de 200 ou 300 g.

Tras a modificación prevista na planta, consistente na ampliación desta e nun cambio do punto de vertedura das augas residuais, os produtos elaborados serán os mesmos e iniciarase a fabricación de novos queixos de pasta prensada (emmenthal, gouda e maasdam) na liña de barra. A súa capacidade produtiva máxima despois da ampliación do tratamento do leite, as instalacións frigoríficas e as liñas de fabricación pasará a ser de 54.000 kg de queixo havarti/8 h, 63.528 kg de queixo mestura/8 h, 54.000 kg doutras variedades/8 h e 76.800 kg de queixo untable/8 h.

Verteduras: actualmente as augas de proceso, de limpeza, de recollida de leite, de silos, de limpeza de máquinas, de lavadoiro de camións, de báscula, de zona de descarga de cisternas (recepción), as pluviais dunha zona de tanques de almacenamento e as sanitarias son tratadas na estación depuradora de augas residuais e vertidas posteriormente ao colector municipal (rede de augas residuais).

Co aumento de produción previsto pola ampliación das liñas produtivas, a nova vertedura estimada será de 1.500 m3/día tratados na depuradora e vertidos directamente a unha canle público, a cal se realizará a través dun colector de 1.760 m, que irá desde a planta ao punto de vertedura no río Magdalena (pozo de rexistro antes da vertedura X=606.760 e Y=4.797.008, fuso 29 ED 50) .

O resto das augas pluviais que circulan polas instalacións da planta seguirán sendo vertidas sen tratamento previo ao colector municipal (rede de augas pluviais).