Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial para o centro de tratamento de residuos situado no Monte Marbán, promovido por Somozas Valorización de Lodos-Biogás, S.L. (Sologas), no concello das Somozas (A Coruña). Autorización 2012-IPPC-35-260, clave de expediente 2014-IPPC-M-72.

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Centro de tratamento de residuos nas Somozas. Proxecto básico, abril 2013».

– «Informe técnico EDARI Sologás. Modificacións técnicas no proxecto do CTR das Somozas».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-M-72.

Peticionario: Somozas Valorización de Lodos-Biogás, S.L. (Sologás).

Domicilio social: parque empresarial As Somozas, s/n, lugar de Marván-Seixas, CP 7010, km 15, 15567 As Somozas.

Localización da instalación: lugar de Marván. Parroquia de Seixas, no concello das Somozas. Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas UTM (ED50): X: 589.990 m, Y: 4.822.350 m.

Actividade: centro de tratamento de residuos.

As modificacións consisten en:

– Eliminación da planta de tratamento de residuos.

– Diminución da capacidade da planta de tratamento de líquidos (EDARI), que pasa de 1.500 m3/día a 1.000 m3/día.

– Aumento da superficie, capacidade e sistema de explotación da planta de compostaxe, que pasa de 9.000 a 60.000 t/ano e cunha superficie en proxecto de 4.555 m2 na nave de proceso, 3.528 m2 nave de aprovisionamento de material soporte e estruturante/compost terminado e 1.200 m2 na nave de almacén de aprovisionamento de material. O sistema de tratamento pasa a ser en trincheiras con sistema de aireación.