Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN407A 2013/81-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Lagúas Sobradelo.

Situación: Carballeda de Valdeorras.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 390, 560 m con condutor RHZ1 12/20 kV 3×150 AL, con orixe na LMT existente ao CT 32AD32 e remate no CT proxectado non prefabricado Lagúas-Sobradelo de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

LMT aérea a 20 kV de 71 m con condutor LA56/54,6 mm2, con orixe na LMT existente ao CT 32AD32 e remate no PAS, poste proxectado CH-1000-11pda LMT ao CT 32AD32.

RBT aéreo-subterránea de 210 m en aéreo con condutor RZ e 30 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado Lagúas-Sobradelo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 9 de xullo de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense