Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2014/088-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, nº 20 baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMTS e CS Torre-Papamoscas.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

A liña de media tensión iníciase no centro de seccionamento Torre (expediente 2005/538) existente onde se instalará unha cela de protección de saída de liña (SF6); e con remate no CT Papamoscas (expediente 2001/106), onde se instalará unha cela de protección de saída de liña (SF6). A liña de media tensión discorre por canalización existente nun tramo de 237 metros (expedientes 2007/177 e 2011/125) e por canalización de nova execución nun tramo de 219 metros. O condutor será de aluminio con illamento de polietileno reticulado e cuberta de PVC das seguintes características RHZ1 2OL 12/20 kV Al, con sección 240 mm2. A lonxitude da liña é de 456 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 3 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña