Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Abadín (expediente IN407A 2013/53-2, 8138 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Abadín.

Domicilio social: avenida Galicia, 27730 Abadín, Lugo.

Denominación: soterramento da LMT na estrada de Fanoi e RBT na N-634 no concello de Abadín-LMTS de 20 kV, CT prefabricado de 630 kVA compacto e RBT Abadín.

Situación: concello de Abadín.

Características técnicas:

LMT a CT Abadín soterrada a 20 kV, con orixe na LMT circunvalación Abadín e final no CT Abadín, cunha lonxitude de 650 metros en condutor tipo RHZ-240 mm.

CT Abadín prefabricado tipo Ormaset, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección de trafo, potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

RBTS con orixe no CT Abadín proxectado e final na RBT N-634 cunha lonxitude de 205 metros en condutor tipo XZ1 1×150AI.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas