Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 22 de xullo de 2014, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-05.14, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-05.14 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Unversitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2014

Mercedes Domínguez Francisco
Xefa do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-05.14.

Interesada: Karpin Vivenda, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Areal, 4, 1º, 36201 Vigo.

Feitos imputados: remocións de terra no edificio situado na rúa Poboadores nº 24, no concello de Vigo, no ámbito de protección do Conxunto Histórico de Vigo.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.