Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 17 de xullo de 2014, da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-03.14, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-03.14 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2014

Juan Antonio Naveira Seoane
Subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-03.14.

Interesada: Áridos Ecológicos, S.L.U.

Último enderezo coñecido: lugar da Reigosa, 43, Tourón, 36828 Ponte Caldelas.

Feito imputado: vertedura de entullos na área de exclusión do petróglifo da Raña.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.