Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación do servizo de dietética, non suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios, non avaliables de forma automática, cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (procedemento AB-EIL1-14-013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: r/ Dr. Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfonos: 982 29 60 24, 47 e 57.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: fernando.lopez.soto@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-14-013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: é a contratación do servizo de dietética in situ para o Hospital Universitario Lucus Augusti en Lugo e de asesoramento a distancia por parte da empresa adxudicataria a través dos distintos medios de comunicación (teléfono, fax, correo electrónico ou ordinario, etc.), sen que quede excluída a posibilidade de que, puntualmente, se requira o asesoramento presencial aos demais centros hospitalarios que forman parte da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non/único.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Lugar: Hospital Lucus Augusti.

2º. Domicilio: r/ Dr. Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 85140000-2 Servizos varios de saúde.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 5.2. do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 496.782,72 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importes: s/IVE: 229.992 €, IVE (21 %): 48.298,32 €, c/IVE: 278.290,32 €.

6. Garantías exixidas: provisional (importe): non/0,00 €. Definitiva: 5 % do orzamento s/IVE do contrato (11.499,60 €).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): N, 1 y A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso (para os empresarios non españois dos Estados membros da Unión Europea):

1º. Ver cláusula 4.4.2. do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación:

1º. Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

2º. Modalidade de presentación: a sinalada nos pregos.

3º. Lugar de presentación:

a) Dependencia: Rexistro Xeral, 2ª planta do Hospital Universitario Lucus Augusti.

b) Domicilio: r/ Dr. Ulises Romero, 1.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o devandito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

4º. Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

5º. Admisión de variantes, se procede: non.

6º. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas:

1º. Descrición: apertura pública. Sobres B e C.

2º. Enderezo: Hospital Lucus Augusti, r/ Dr. Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): non procede.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 19 de xuño de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos