Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33417

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, polo procedemento aberto, das obras do proxecto de humanización da rúa Doutor Canoa.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento; c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 2471-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: as obras previstas no proxecto de humanización da rúa Doutor Canoa (expediente 2.613-443), que consisten na renovación da rede de saneamento, abastecemento e distribución de auga, a implantación dun sistema de saneamento separativo de augas residuais, a renovación dos elementos de luz pública, así como a mellora da pavimentación para facilitar a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida en dous tramos da rúa. O tramo 1 desde a praza San Lourenzo, ata as escaleiras de acceso e comunicación coa rúa Mestre Chané, en ambas as marxes da rúa, nunha lonxitude de 172,75 m, e o tramo 2 desde a praza San Lourenzo, á altura do número 9A, ata o número 27, intersección coa rúa Candieiro, na súa marxe impar, nunha lonxitude de 130 m; c) CPV: 45231000-5 e 45233252-0; d) División por lotes e número de lotes: non; e) Lugar de execución: Concello de Vigo; f) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto; c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 8 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 230.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe; b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: non; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 21 de xullo de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación