Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Fornelos de Montes (expediente IN407A 2014/121-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS e CT A Arrotea.

Situación: Fornelos de Montes.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 81 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio 67 da LMT principal Amoedo tramo I, no cal se farán dous pasos aéreo-subterráneos, unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na Arrotea, Fornelos de Montes.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación

Pontevedra, 1 de xullo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Fornelos de Montes; referencia catastral: 36019A015006470000ED 21; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fornelos; afección: 63 m2 de solo para o centro de transformación.