Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Lama (expediente IN407A 2014/106-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS e centro de manobra Monte do Ceo.

Situación: A Lama.

Características técnicas: centro de manobra equipado con: 5 celas entrada/saída de liña, 2 celas interruptor automático, 1 cela de medida e 1 armario de medida. 164 metros de liña subterránea para conexión coa LMT principal parque eólico, LMT principal Amoedo tramo I, LMT derivación a Verducido e LMT derivación A Xesta. A instalación está situada en Monte do Ceo, A Lama.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de xullo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: A Lama; referencia catastral: 36025A005010510000GD; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Lama; afección: 39,50 m2 para o centro de manobra e arqueta e 240 m2 para 120 metros de liña subterránea.