Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Fornelos de Montes (expediente IN407A 2014/120-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS, CT Oitavén.

Situación: Fornelos de Montes.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 273 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio nº 4 da LMT derivación a Calvos, no cal se farán dous pasos aéreo-subterráneos, unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kv/420 V, situado en Oitavén, Fornelos de Montes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra