Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2014/45-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: calle Coruña, nº 20, baixo, 36700 Tui.

Denominación: reforma e ampliación de potencia do CT rúa Nova.

Situación: Tui.

Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación rúa Nova, situado na rúa Obispo Lago, s/n, Tui, instalando un trafo de 630 kVA e outro de 400 kVA e retirando o existente de 500 kVA. Substitución das celas en obra civil por outras prefabricadas baixo envolvente metálica.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e aprobar o proxecto de execución para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 26 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra