Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (53/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 53/2013 deste xulgado do Social, seguida por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Artes Gráficas Venus, S.A., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a acción exercida pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte á empresa Venus Artes Gráficas, S.A., o INSS e a TXSS, e en consecuencia condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 2.689,09 euros polas prestacións derivadas dos accidentes de traballo indicados no feito probado terceiro, con responsabilidade subsidiaria do INSS, para o caso de insolvencia da empresa, polo importe dos 1.090,53 euros por gastos de asistencia sanitaria satisfeitos pola mutua demandante.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Artes Gráficas Venus, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2014

A secretaria xudicial