Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1171/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1171/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Germán López Casal contra Percoplast, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

«Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Germán López Casal fronte a Percoplast, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1.123,96 euros.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaria deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Percoplast, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2014

A secretaria xudicial