Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de vixilancia e seguridade no complexo da illa de San Simón, no concello de Redondela, dependente desta consellería.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20330

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 69, do 9 de abril de 2014.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos.

Descrición: vixilancia e seguridade no complexo da illa de San Simón, no concello de Redondela (Pontevedra).

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 69.421,49 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 20 de xuño de 2014.

b) Data da formalización do contrato: 30 de xuño de 2014.

c) Contratista: Servicios SPR Vilanova, S.L.

d) Importe de adxudicación: 62.396,40 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria