Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2014/091-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/091-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS. Liña cero subestación Carballo-2ª fase.

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión subterránea subestación Carballo-CT. Álvarez Sotomayor, 1 a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,375 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS. CBL-704A, tramo entre a subestación Carballo (expediente 11.303) e o CT Carpinteiros (expediente 143/2009), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS. CBL-704A, tramo entre a subestación Carballo (expediente 11.303) e o CT Carpinteiros (expediente 143/2009).

Tramo liña de media tensión subterránea CT Mercado-CT Valle Inclán, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,185 km, coa orixe en cela de liña existente no CT Mercado (expediente 26.226), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS. CBL-704A, tramo entre o CT Mercado (expediente 26.226) e o CT Valle Inclán (expediente 234/2010).

Tramo liña de media tensión subterránea CT Mercado-CS Telefónica, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,0345 km, con orixe en cela de liña proxectada no CT Mercado (expediente 26.226), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS. CBL-704A, tramo entre o CT Carpinteiros (expediente 143/2009) e o CS Telefónica.

Adecuación CT Mercado (expediente 26.226).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 4 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña