Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2014/123-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domiclio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CT peche Gondomar urbano.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 1.117 metros de lonxitude, con orixe no par existente (entroncamento CT 36STY3, r/ Ánimas) saída GON 807 e final no CT existente 36CHF7, Urbanización Gondomar (peche anel). Centro de transformación de 630 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na avenida do Conde, San Bieito, Gondomar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de xullo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra