Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2014/124-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CT Urbanización Gondomar.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipor RHZ de 94 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado, paso aerosubterráneo, na LMT GON 807 ao CT Piquetes, e final no CT Urb. Gondomar. Centro de transformación Urbanización Gondomar (adecuación) de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na rúa Diego Sarmiento, San Bieito, Gondomar. Retensado do van aéreo contiguo ao apoio proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de xullo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra