Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obra.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos de obras:

1. Obra de reforma e ampliación do CEIP Laverde Ruiz (fase I) de Outeiro de Rei (Lugo), expediente ED 4/14-O.

1.1. Adxudicatario: Construcciones Orega, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 65.177,36 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 14 de xullo de 2014.

1.4. Data de formalización do contrato: 16 de xullo de 2014.

2. Obra de reforma e ampliación do CEIP de Cedeira en Redondela (Pontevedra), expediente ED 2/14-O.

2.1. Adxudicatario: Civis Global, S.L.

2.2. Importe de adxudicación: 99.762,00 € (IVE excluído).

2.3. Data de adxudicación: 15 de xullo de 2014.

2.4. Data de formalización do contrato: 16 de xullo de 2014.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria