Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previas e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Lobeira (expediente IN407A 2014/13-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previas e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32329 Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT poboado Presa-As Conchas.

Situación: Lobeira.

Características técnicas: conforme o proxecto redactado polo enxeñeiro industrial, colexiado nº 2633, Burkard Hecht Elorduy, con visado nº 20141001 do ICOEIG, con data do 28.4.2014, que ten un orzamento de 63.531,04 euros:

LMT subterránea, a 20 kV, de 70 m de lonxitude con condutor RHZ1 12/20 kV 3×150 Al, cuxa orixe é na LMT existente ao CT As Conchas (32AZ23), expediente 1994/065-3, con P.A.S. e o seu remate no CT proxectado fin de liña rural para o poboado Presa-As Conchas, de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea, de 520 m en aéreo con condutor RZ, e 45 m en subterráneo con condutor XZ, derivada do CT proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 3 de xullo de 2014

Alfonso Tomas Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense