Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2014/127-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT PAI 802 en Castro.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 90 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo (PAS) que se realizará no apoio proxectado C-3000-20, e final no PAS para realizar no apoio proxectado HVH 1600-15, do cal continúa aérea 76 metros con condutor tipo LA-56 ata o apoio existente nº 2 (1B) da liña PAI 802. Rentensado dun van aéreo de 225 metros con condutor LA-30. A instalación está situada en Castro, A Estrada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de xullo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra