Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32810

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da impartición de docencia das accións formativas de formación ocupacional (cursos AFD 2014) e de asistencia técnica e apoio administrativo para a súa xestión e execución.

Por Decreto da Alcaldía, do 15 de xullo de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 24/14).

2. Obxecto do contrato: impartición de docencia das accións formativas de formación ocupacional (cursos AFD 2014) e de asistencia técnica e apoio administrativo para a súa xestión e execución.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 73.565,55 € (sen IVE).

5. Lotes: lote 1: 32.046,00 € (exento de IVE); lote 2: 9.021,60 € (exento de IVE);
lote 3: 11.426,10 € (exento de IVE); lote 4: 17.997,84 € (14.874,25 € máis 3.123,59 € en concepto de IVE); lote 5: 7.499,10 € (6.197,60 € máis 1.301,50 € en concepto de IVE).

6. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Prazo de presentación das proposicións: oito (8) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

9. Gastos de anuncios: serán conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 15 de xullo de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde