Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32811

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de delegación de competencias no Concello de Toén.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 27 de xuño de 2014, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Toén (recadación dos gastos derivados da execución forzosa) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 1 de xullo de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense