Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 15 de xullo de 2014, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-S-29/2014, por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a seguir a incoación ditada pola xefatura da Área Provincial de Turismo de Pontevedra do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-29/2014, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Concédese un prazo de quince días, de conformidade cos artigos 3.2 e 16.1 do Real decreto 1398/1993, para que os interesados presenten as alegacións, os documentos e a información que consideren conveniente ou, de ser o caso, propoñan probas en que concreten os medios dos cales se pretendan valer. Unha vez expirado o prazo sen formular alegacións, este acordo considerarase proposta de resolución, de acordo co disposto no artigo 13.2 do citado real decreto.

Expediente: PO-S-29/2014.

Titular sancionada: Promociones Turísticas Ire&Car, S.L.

Establecemento: Hotel Dinajan.

Enderezo: praia do Terrón, 19.

Concello: Vilanova de Arousa.

Data da incoación: 8 de maio de 2014.

Feitos imputados: efectuar cambios ou reformas substanciais incumprindo o establecido nos termos fixados no artigo 42 da Lei 7/2011, do turismo de Galicia.

Preceptos infrinxidos: artigo 110.5) da Lei 7/2011, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 3.500 euros, de conformidade co establecido no artigo 114.b) da Lei 7/2011, do turismo de Galicia.

Pontevedra, 15 de xullo de 2014

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra