Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 14 de xullo de 2014, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa de clasificación turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan no procedemento de baixa da clasificación turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante a visita da Inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realizan nin exercen as actividades turísticas para as cales foron clasificados no seu día.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar os expedientes de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Lugo.

Lugo, 14 de xullo de 2014

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Damon.

Signatura: R.LU-0892.

Titular: Josefina López Otero.

Enderezo: avenida de Galicia, 13.

Concello: Monforte de Lemos.

Establecemento: Amigos.

Signatura: R.LU-1270.

Titular: Pamela Joan Beard.

Enderezo: Frieira 3.

Concello: A Pobra do Brollón.

Establecemento: Belepok.

Signatura: R.LU-1316.

Titular: Lugo 2005, S.L.

Enderezo: avenida Infanta Elena, As Termas, local 113.

Concello: Lugo.