Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de atención, sustento e desprazamento dos correos, propietarios de obra e artistas incluídos na exposición temporal On the Road/No Camiño, tramitado polo procedemento negociado sen publicidade, documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 25 de xuño de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de atención, sustento e desprazamento dos correos, propietarios de obra e artistas incluídos na exposición temporal On the Road/No Camiño.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 110.159,36 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25 de xuño de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 26 de xuño de 2014.

c) Adxudicatario: Feltrero División Artes, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 109.313,98 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia