Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación da resolución de expediente de responsabilidade patrimonial.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución de expediente de responsabilidade patrimonial.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 61 63).

Nº de expediente: RP 1/2014.

Reclamante: Juan José Muñiz Álvarez.

NIF: 76868923W.

Enderezo: Balea, 39 B, 36989 O Grove.

Trámite: resolución de expediente de responsabilidade patrimonial.

Prazo para presentar recurso: recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente da dita orde xurisdicional, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar