Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32644

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, pola que se actualizan os prezos públicos establecidos polo Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería.

O Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, establece os prezos públicos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 17, do 25 de xaneiro).

O artigo 1 establece que os prezos públicos se actualizarán cada curso escolar na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma (IPC) no mes de xuño anterior.

Conforme os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia no período transcorrido entre o mes de xuño de 2013 e o mes de xuño de 2014 é do 0,3 %.

O Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, modificado polo Decreto 113/2013, do 24 de xullo, atribúelle á Dirección Xeral de Familia e Inclusión as competencias relativas ás políticas autonómicas en materia de acción social de apoio á familia e á infancia.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Artigo único

Actualizar os prezos públicos mensuais dos servizos prestados polas escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC) no mes de xuño de 2014, de acordo coas tarifas que figuran no anexo da presente resolución.

Disposición derradeira primeira

Os prezos establecidos nesta resolución serán de aplicación a partir do día 1 de setembro de 2014.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia e Inclusión

ANEXO

1. Prezo da atención educativa.

O prezo pola atención educativa en xornada completa fíxase en 164,01 €.

Segundo o nivel de renda da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no número 3 deste anexo.

2. Prezo por servizos complementarios.

a) Servizo de comedor.

O prezo por este servizo fíxase en 71,76 €.

Segundo o nivel de renda da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no número 3 deste anexo.

No caso de nenos e nenas que non utilicen o servizo de comedor de maneira habitual e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 4,10 € por día.

b) Horario ampliado.

O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario de atención educativa adxudicado ao usuario ou usuaria será de 20,50 €.

3. Aplicación dos prezos públicos mensuais segundo os tramos de renda da unidade familiar.

a) Rendas inferiores ao 30 por cento do IPREM.

Prezo da praza con servizo de comedor 0 €, sen servizo de comedor 0 €.

b) Rendas comprendidas entre o 30 e inferiores ao 50 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor 16,91 €; sen servizo de comedor 0 €.

c) Rendas comprendidas entre o 50 e inferiores ao 75 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor 50,74 €; sen servizo de comedor 33,83 €.

d) Rendas comprendidas entre o 75 e inferiores ao 100 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor 93,28 €; sen servizo de comedor 67,65 €.

e) Rendas comprendidas entre o 100 e inferiores ao 125 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor 144,53 €; sen servizo de comedor 108,65 €.

f) Rendas comprendidas entre o 125 e inferiores ao 150 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor 180,41 €; sen servizo de comedor 129,16 €.

g) Rendas comprendidas entre o 150 e o 200 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor 203,99 €; sen servizo de comedor 142,49 €.

h) Rendas superiores ao 200 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor 235,77 €; sen servizo de comedor 164,01 €.