Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (175/2012).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 175/2012, por instancia de José Astray Rodríguez e Víctor Amil López contra a empresa Aplistone, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 1 de xullo de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolve:

Estímase a demanda interposta por José Astray Rodríguez e Víctor Amil López contra a entidade Aplistone, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Aplistone, S.L. a aboar as seguintes cantidades:

• A José Astray Rodríguez, a cantidade de sete mil cincocentos oitenta euros con tres céntimos (7.580,03 euros) en concepto de principal. Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

• A Víctor Amil López, a cantidade de sete mil cincuenta e cinco euros con trinta e dous céntimos (7.055,32 euros) en concepto de principal. Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Aplistone, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de xullo de 2014

O secretario xudicial