Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32548

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (284/2012).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 284/2012, por instancia de María Cristina Vázquez Basalo contra a empresa Inversiones Pevesa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 1 de xullo de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda interposta por María Cristina Vázquez Basalo contra a entidade Inversiones Pevesa, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Inversiones Pevesa, S.L. a aboar á demandante a cantidade de catro mil catrocentos oitenta e sete euros con corenta e sete céntimos (4.487,47 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Inversiones Pevesa, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de xullo de 2014

O secretario xudicial