Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1325/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1325/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Piñeiro Baldomir contra a empresa Francisco Barizo Puñal, Avipaco, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou resolución, con data do 30 de xuño de 2014, dirixida entre outros a Francisco Barizo Puñal, Avipaco, S.L., contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no dito xulgado os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Francisco Barizo Puñal e Avipaco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial