Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32545

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2680/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2680/2012 MCR desta sección, seguido por instancia de David Fernández Martínez contra Limpiezas Pisuerga Grupo Norte Limpisa, S.A., Valoriza Facilities, S.A.U., Beatriz Rouco Barciela, María Carmen López Valiño, Carmen Rivera Fernández, Lucía Vicente Correa, María Carmen Videira Martínez, Dolores Blanco Pérez, Ángeles Díaz Valverde, Belén Fernández Iglesias, Montserrat Vicente Correa, Vanesa Rodríguez Maneiro, Elvira Carrera Prego, Ana María Chamarro Giráldez, José Carlos Sousa Pérez, Pilar Gil Fernández, Nuria Expósito Rodríguez, Nélida Romasanta Viso, sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por David Fernández Martínez contra a sentenza do 7-3-2012, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo no procedemento 483/2011 sobre cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes ao de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Beatriz Rouco Barciela, María Carmen López Valiño, Carmen Rivera Fernández, Lucía Vicente Correa, María Carmen Videira Martínez, Dolores Blanco Pérez, Ángeles Díaz Valverde, Belén Fernández Iglesias, Ana María Chamarro Giráldez, Pilar Gil Fernández, Nélida Romasanta Viso, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2014

A secretaria xudicial