Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32486

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, de corrección de erros da Resolución do 20 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

Advertidos erros na Resolución do 20 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, publicada no DOG número 131, do venres 11 de xullo de 2014, é necesario facer as seguintes correcións:

1ª. Engadir o anexo II «Convocatoria de probas para a obtención do certificado ce de formación de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas».

2ª. Engadir o anexo III «Convocatoria de probas para a renovación do certificado ce de formación de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas».

3ª. Engadir o anexo IV «Solicitude de devolución de taxas de dereitos de exame».

4ª. Na páxina 30872 é necesario suprimir os puntos 5 e 8 da base quinta da convocatoria.

A presente corrección de erros modifica o cómputo dos prazos sinalados no 2 da base primeira da convocatoria, páxina 30868. En consecuencia, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta corrección de erros no DOG.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2014

María del Camino Triguero Salas
Directora xeral de Mobilidade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file