Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32480

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 92/2014, do 10 de xullo, polo que se aproba o cambio de titularidade de varios tramos sobrantes da estrada autonómica AC-445 Cee-Fisterra a prol do Concello de Fisterra.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos destas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Fisterra solicítalle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade de varios treitos que quedaron sobrantes tras a reforma da estrada AC- 445, co obxecto de destinar a ditos bens públicos con fins de interese social.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos seguintes tramos sobrantes:

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 10+710 da AC-445 e o seu final no p.q. 10+815 MD da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 9+870 da AC-445 e o seu final no p.q. 10+065 MD da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 8+683 da AC-445 e o seu final no p.q. 8+765 ME da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 8+165 da AC-445 e o seu final no p.q. 8+300 MD da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 10+115 da AC-445 e o seu final no p.q. 10+195 ME da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 8+995 da AC-445 e o seu final no p.q. 9+083 ME da AC-445.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xullo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello de Fisterra dos seguintes tramos sobrantes:

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 10+710 da AC-445 e o seu final no p.q. 10+815 MD da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 9+870 da AC-445 e o seu final no p.q. 10+065 MD da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 8+683 da AC-445 e o seu final no p.q. 8+765 ME da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 8+165 da AC-445 e o seu final no p.q. 8+300 MD da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 10+115 da AC-445 e o seu final no p.q. 10+195 ME da AC-445.

– Sobrante que ten o seu inicio no p.q. 8+995 da AC-445 e o seu final no p.q. 9+083 ME da AC-445.

Artigo 2

O Concello de Fisterra deberá levar a cabo as actuacións necesarias ante os organismos oficiais correspondentes para regularizar a titularidade dos terreos adxacentes obxecto de cesión.

Artigo 3

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponderanlle ao Concello de Fisterra, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de xullo de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas