Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32337

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 2/2014, do 25 de marzo, da acción e do servizo exterior do Estado.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2014

Gonzalo José Ordóñez Puime
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do
Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 2/2014,
do 25 de marzo, da acción e do servizo exterior do Estado

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do día 18 de xuño de 2014 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 5.2, 11, 12 e 13 da Lei 2/2014, do 25 de marzo, da acción e do servizo exterior do Estado.

Segundo. Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

Terceiro. Comunicarlle este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 18 de xuño de 2014

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela
Ministro de Facenda Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
e Administracións Públicas Administracións Públicas e Xustiza