Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2014, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, polo que se desafectan os terreos sobrantes da obra do proxecto de modificación número 1 do enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilargarcía de Arousa, da autoestrada AP-9 e a estrada PO-531, termos municipais de Meis e Barro (clave PO/02/199.01.2.M1).

O 28 de agosto de 2008, a Dirección Xeral de Obras Públicas, por delegación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de construción do enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, da autoestrada AP-9 e a estrada PO-531, nos termos municipais de Meis e Barro, clave: PO/02/199.01.2.

O 4 de setembro de 2008, a Xunta de Galicia procedeu á declaración da utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios (Decreto 202/2008, publicado no DOG nº 179, do 16 de setembro).

O 23 de febreiro de 2010, a Dirección Xeral de Infraestruturas, por delegación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, aprobou o proxecto de modificación nº 1 das obras do enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, da autoestrada AP-9 e a estrada PO-531, nos termos municipais de Meis e Barro, clave: PO/02/199.01.2.M1.

Despois da finalización da citada obra, parte dos terreos expropiados inicialmente xa non son necesarios para o fin para o cal foran expropiados e procede que sexan desafectados do proxecto.

Durante a realización das obras foi necesaria a expropiación dunha gran cantidade de terreo para a provisión e o depósito de terras e material sobrante da escavación. Estes terreos están clasificados como solo urbanizable industrial (SUI-2). Unha vez rematadas as obras, infórmase de que eses terreos xa non son necesarios para este proxecto.

Por outra parte, o 17 de decembro de 2012, o Concello de Meis presentou un escrito ante este Servizo de Infraestruturas de Pontevedra en que informaba de que parte do solo afectado polo proxecto está cualificado como solo urbanizable industrial (SUI-2) segundo o Plan xeral de ordenación municipal de Meis. O Concello solicita a desafectación dos terreos para poder desenvolver o futuro polígono industrial de Meis.

Visto o exposto con anterioridade, é de grande interese para os titulares a desafectación dos terreos sobrantes.

No anexo recóllense os titulares, as superficies e clasificacións dos terreos desafectados.

Consonte o artigo 54.1 da Lei de expropiación forzosa, no caso de non se executar a obra ou de non establecerse o servizo que motivou a expropiación (…) ou desaparecer a afectación, o primitivo dono ou os seus habentes causa poderán recobrar a totalidade ou a parte sobrante do expropiado, mediante o aboamento a quen for o seu titular da indemnización que se determina no artigo seguinte.

Segundo o artigo 55.1, é presuposto do exercicio do dereito de reversión a restitución da indemnización expropiatoria percibida polo expropiado, actualizada conforme a evolución do índice de prezos de consumo no período comprendido entre a data de iniciación do expediente de prezo xusto e a do exercicio do dereito de reversión.

Condicións da desafectación:

1. Os terreos sobrantes que se van desafectar serán os que queden fóra da zona de dominio público, que será, como mínimo, unha franxa paralela de 5 metros de ancho medidos desde a aresta exterior da explanación. En todo caso, esa liña será a que queda referida nos planos parcelarios.

2. No anexo recóllense os titulares, as superficies e clasificacións dos terreos desafectados que, xunto cos planos parcelarios, estarán á disposición dos afectados no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra. Asemade, estarán expostos no taboleiro de anuncios dos concellos de Meis e Barro durante o prazo dun mes.

3. Aos titulares que o soliciten realizaráselles a reversión dos terreos no seu estado actual, coas normativas de uso, servidumes e afección que lle sexan aplicables e sen posibilidade de posteriores reclamacións.

4. Exclúese desta desafectación a canle de recollida de augas pluviais e de escoamento, que atravesa a parcela nº 187CO, cunha lonxitude aproximada de cento oitenta e cinco metros de longo e tres metros de ancho, así como o depósito de toma que se atopa no final desta.

5. En caso de que os propietarios non se acollesen ao seu dereito de reversión, os terreos desafectados pasarían a formar parte do patrimonio da Xunta de Galicia e poderán ser destinados a outros usos distintos para os cales foran expropiados.

6. O proceso de desafectación e reversión seguirá o estipulado na Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De acordo co establecido no artigo 98 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, as facultades de incoación e tramitación dos expedientes relacionados cos servizos de obras públicas corresponderán aos enxeñeiros xefes dos servizos respectivos.

Asumindo as facultades atribuídas no artigo 98 da antes citada lei, este Servizo de Infraestruturas de Pontevedra declara desafectados os terreos relacionados no anexo deste escrito.

Pontevedra, 26 de xuño de 2014

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra

ANEXO

Relaciónanse a seguir os predios e superficies que se van desafectar

Concello: Meis

predio

Titular

Superficie de

desafectación (m2)

Clasificación

75CO1

Ramona Crisóstomo Abal

273

Viñedo (AENR)

99

CMATI (litixio)

Edelmiro Guzmán Güimil

Mª Dolores Arosa Aouteda

255

Terreo (SNRT)

99 AR

CMATI (litixio)

José Ignacio Alonso Ucha

1 ud.

Local expositor

182 CO

MVMC San Lorenzo de Nogueira

1.493

Monte (SUI-2)

185 CO

MVMC San Lorenzo de Nogueira

1.312

Monte (SUI-2)

187 CO

MVMC San Lorenzo de Nogueira

33.189

Monte (SUI-2)

188 CO

Guillermo Agraso Rivas

705

Monte (SUI-2)

189 CO

Mercedes Eirín Rivas
Daniel Eirín Rivas
Áurea Rivas Cousido

415

Monte (SUI-2)

190 CO

Manuel Beloso Ares

75

Monte (SUI-2)

191 CO

Purificación Güimil Calvo

111

Monte (SUI-2)

192 CO

Rosa María Lede Rodríguez

877

Monte (SUI-2)

193 CO

Elisa Rivas Outeda

492

Monte (SUI-2)

194 CO

Julian Güimil Calvo

265

Monte (SUI-2)

195 CO

María Outeda Touriño

269

Monte (SUI-2)

196 CO

Daniel Eirín Torres
Mª del Carmen Torres Alba

1.165

Monte (SUI-2)

606

Dolores Rivas Outeda

273

Monte (SUI-2)

607

Carmen Rey Outeda

1.021

Monte (SUI-2)

608

Hros. Mª Peregrina Salgueiro Barreiro

965

Monte (SUI-2)

609

Rosa María Lede Rodríguez

959

Monte (SUI-2)

610

Luis Outeda Díaz

1.400

Monte (SUI-2)

611

Dolores Outeda Güimil

1.100

Monte (SUI-2)

612

Manuel Sartal Casal
María Outeda Touriño

641

Monte (SUI-2)

613

Carmen Mouriño Porto

576

Monte (SUI-2)

614

Mercedes Eirín Rivas
Daniel Eirín Rivas
Áurea Rivas Cousido

1.034

Monte (SUI-2)

615

Rosa María Lede Rodríguez

642

Monte (SUI-2)

616

Manuel Beloso Ares

532

Monte (SUI-2)

617

Rosa María Lede Rodríguez

646

Monte (SUI-2)

618

Antonio Rey Sabarís
Áurea Lede Noya

1.021

Monte (SUI-2)

619

Mercedes Eirín Rivas
Daniel Eirín Rivas
Áurea Rivas Cousido

628

Monte (SUI-2)

620

Manuel García Outeda

629

Monte (SUI-2)

621

Rosa María Lede Rodríguez

1.026

Monte (SUI-2)

622

Mercedes Eirín Rivas
Daniel Eirín Rivas
Áurea Rivas Cousido

1.283

Monte (SUI-2)

623

Dolores Rivas Outeda

1.153

Monte (SUI-2)

624

Rosa María Lede Rodríguez

806

Monte (SUI-2)

625

Edelmiro Outeda Tilve

1.839

Monte (SUI-2)

626

Ramón Rey Outeda

2.252

Monte (SUI-2)

627

Paulino Outeda Ruibal

2.635

Monte (SUI-2)

628

José Sabarís Gómez

Carmen Paz Pérez

165

Monte (SUI-2)