Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución practicada en virtude de auto xudicial da entidade Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas Lamas de Abade, en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo número 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, esta xefatura territorial dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas Lamas de Abade, en liquidación, practicada en virtude do Auto do Xulgado Mercantil número 2 da Coruña, do 19 de xuño de 2014, recaído no procedemento concursal CNA 0000191/2014-N, dándose así apertura á fase de liquidación.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas Lamas de Abade, en liquidación, practicada en virtude do Auto do Xulgado Mercantil número 2 da Coruña, do 19 de xuño de 2014, recaído no procedemento concursal CNA 0000191/2014-N, dándose así apertura á fase de liquidación.

A Coruña, 1 de xullo de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña