Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da asociación Organización Mariñeira en pro de Alternativas Racionais para o Mar (Omar).

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público:

Nesta dirección xeral recibiuse acta da asemblea xeral da asociación Organización Mariñeira en pro de Alternativas Racionais para o Mar (Omar), que tivo lugar o 17 de maio de 2014, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 33 dos seus estatutos.

– Denominación: asociación Organización Mariñeira en pro de Alternativas Racionais para o Mar (Omar).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: todas as persoas que demostren, a través de documentación oficial acreditativa, a súa relación co sector do mar.

– Asinantes: David V. Fernández e Paz, María Carmen Ruiz e Domínguez, Julia Noya e Mariño, Ventura Antonio López e Ríos, Víctor Manuel Díaz e Fernández, José Manuel Vázquez e Rey.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social