Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución ditada no expediente disciplinario instruído a José Alija Rodríguez.

Con data do 11 de xullo de 2014, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade ditou resolución no expediente disciplinario instruído a José Alija Rodríguez.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, enviouse a notificación da citada resolución ao lugar indicado polo interesado para os efectos de notificacións sen que esta se puidese facer efectiva.

Polo exposto, esta secretaría xeral técnica, de conformidade co disposto no citado artigo 59.5 da Lei 30/1992, en virtude deste anuncio, notifica a Resolución do 11 de xullo de 2014.

José Alija Rodríguez poderá recoller a notificación da citada resolución mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo, entenderase efectuada a notificación para todos os efectos.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano resolutorio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a notificación da resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, segundo establece o artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade