Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32262

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (717/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 717/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Viño Vaamonde contra Plantel Servicios y Obras, S.L., Sertran Noroeste, S.L., Nor’Integra, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución:

Dada conta. O anterior escrito presentado pola demandante únase e confírase traslado por dez días á demandada do desistimento formulado, facéndolle saber que, en caso de non realizar alegacións no prazo conferido, se entenderá conforme co desistimento formulado.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 30 de xaneiro de 2014.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Sertran Noroeste e Plantel Servicios y Obras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial