Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32263

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 197/2012).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 197/2012, por instancia de Raquel Fernández Gado, contra o executado José Ángel Silva González, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 1 de xullo de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 1.499,16 euros de principal, máis 117,75 euros en concepto de xuros de mora, máis 163,65 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014

A secretaria xudicial