Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2014/96-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o cal poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, na Xefatura Territorial da Coruña. Todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: RL 2014/96-1.

Acta inf.: I152014000023563.

Empresa: Ikis & Victoria, S.L.

NIF: B70257233.

Enderezo: rúa Cidade de Lugo 11, 15004 A Coruña.

Materia: traballo (falta de organización preventiva e discriminación desfavorable en materia de condicións de traballo).

Normativa infrinxida: artigos 26 e 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigos 4, 19 e 45.4.d) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; e artigo 8 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.

Tipificación: artigo 8.12 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Proposta de sanción: 6.251 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Coruña, 27 de xuño de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña