Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2014/91-1 e cinco máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución ditada nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpor recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2014/91-1.

Acta inf. nº: I1520140000162.

Empresa: Tortoni, S.L.

NIF: B15640154.

Enderezo: rúa Cabo Santiago Gómez, 8, 15004 A Coruña.

Materia: traballo (deficiencias graves en materia laboral).

Normativa infrinxida: artigos 14 e 15 do Convenio colectivo de hostelaría da provincia da Coruña; artigos 12, 23 e 34 a 38 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.5 del Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 16.5.2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Tortoni, S.L. unha sanción por importe de tres mil cento vinte e cinco euros (3.125 €).

Expediente nº: RL 2014/92-1.

Acta inf. nº: I152014000016388.

Empresa: Tortoni, S.L.

NIF: B15640154.

Enderezo: rúa Cabo Santiago Gómez, 8, 15004 A Coruña.

Materia: obstrución (falta de colaboración coa Inspección de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigos 5.3.3 e 11.1, da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: artigo 50.1 e 2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 16.5.2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Tortoni, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2014/93-1.

Acta inf. nº: I152014000016489.

Empresa: Tortoni, S.L.

NIF: B15640154.

Enderezo: rúa Cabo Santiago Gómez, 8, 15004 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (falta de organización preventiva e vixilancia da saúde).

Normativa infrinxida: artigos 14.1 e 2, 16.1 e 2, 19.1 e 22.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: artigo 12.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 16.5.2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Tortoni, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

Expediente nº: RL 2014/101-1.

Acta inf. nº: I152014000010934

Empresa: José Abelenda Fernández.

NIF: 76359697L.

Enderezo: Outeiro, Bugallido, 15866 Ames.

Materia: traballo (non aboar salarios en tempo e forma).

Normativa infrinxida: artigos 4.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigo 14.1 da resolución de inscrición do Convenio colectivo do sector de construción de obras públicas da Coruña e resolución de inscrición e publicación do Convenio colectivo de traballo do sector da construción e obras públicas da Coruña.

Tipificación: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 28.4.2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a José Abelenda Fernández unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta e un euros (1.251 €).

Expediente nº: RL 2014/135-1.

Acta inf. nº: I152014000015378.

Empresa: R-Bordex Unión, S.L.

NIF: B70372198.

Enderezo: Polígono Pocomaco, parcela D, portal A 20, 15190 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (falta de medidas de seguridade).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14.1, 15.1.a), 17.1 e 2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigos 10.d) e 11.1.c) da parte C do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, en conexión co anexo II do Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro.

Tipificación: artigos 12.15.a) e 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 30.5.2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a R-Bordex Unión, S.L. unha sanción por importe de once mil corenta e seis euros (11.046 €).

Expediente nº: RL 2014/16-1.

Acta inf. nº: I1520113000163933.

Empresa: Ribanna Inversiones, S.L., Heladería Ribanna.

NIF: B70101886.

Enderezo: avenida Alférez Provisional 5, centro comercial Cantones Village, 15003 A Coruña.

Materia: traballo (calendario laboral incompleto).

Normativa infrinxida: artigos 11.2.f) e 35.51 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 6.5.2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Ribanna Inversiones, S.L., Heladería Ribanna unha sanción por importe de tres mil cento vinte e seis (3.126 €).

A Coruña, 27 de xuño de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña