Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32143

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 89/2014, do 17 de xullo, polo que se dispón o cesamento dun vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia creou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como instrumento fundamental para velar pola utilización racional do solo conforme ao disposto no ordenamento urbanístico.

De acordo co previsto no artigo 226 da devandita lei e nos estatutos da Axencia, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, os seus órganos directivos son o/a director/a e o Consello Executivo, como órgano de dirección e control, do que forman parte catro vogais en representación da Comunidade Autónoma.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xullo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cese Carlos Nárdiz Ortiz como vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas