Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32132

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expediente 40620/422).

Clínicas Salud Dental Vigo, S.L. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza urbanística para clínica dental que se situará en Urzaiz (rúa) nº 168 (expediente 40620/422).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 24 de xuño de 2014

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio